Friday, March 3, 2017

Vigo en inglés 2017


Aberto prazo de presentación de solicitudes "Vigo en Inglés 2017" dende o xoves 2 ao mércores 15 de marzo de 2017.

Requisitos

Os adxudicatarios da presente convocatoria serán os alumnos e alumnas, españois ou estranxeiros con tarxeta de residencia ou de estancia por estudos en vigor, de centros educativos do Concello de Vigo sostidos con fondos públicos que cumpran os requisitos que a continuación se sinalan:
  1. Estar a cursar 3.º da ESO nun centro educativo sostido con fondos públicos do Concello de Vigo durante o curso académico 2016/2017
  2. Ter aprobadas todas as materias de 2.º de ESO.
  3. Ter obtido como mínimo unha nota de 7 na materia de Lingua inglesa nas cualificacións finais de 2.º de ESO.
  4. Estar empadroado no Concello de Vigo, con vixencia mínima dende o 01/01/2016 , dato que será comprobado de oficio pola propia administración.
  5. Non ter concedida, no ano 2017, outra axuda coa mesma finalidade.
  6. Ter DNI/NIE, permiso de residencia ou pasaporte en vigor cunha vixencia mínima de 6 meses.
Deberán solicitar as prazas os representantes legais (pai e nai ou titor/a legal) dos alumnos e alumnas.

O aloxamento

Os participantes residen, en réxime de pensión completa durante toda a súa estancia, con familias nativas escolmadas para a súa participación no programa.

As actividades

Despóis do xantar, realízanse diversas actividades, entre elas unha visita cultural a algún sitio de interese. Na fin de semana faise unha excursión dun día enteiro

Atención 24 horas

Os estudiantes e as súas familias dispoñen dun centro de atención telefónica 24 horas para resolver calquer cuestión que lles puidese xurdir.

Clases de reforzo

Durante a participación no programa, os rapaces reciben clases de reforzo e perfeccionamento de lingua inglesa.



Para calquera consulta, non dubides en poñerte en contacto co Servizo de Educación do Concello por calquera destas canles:
- Enderezo: Servizo Municipal de Educación – Programa Vigo en inglés (pranta 11ª do edificio do Concello de Vigo, Praza do Rei nº 1, 36202 Vigo)
- Telf: 986810181
No copyright infringement intended. For educational, non-commercial purposes only.

No comments:

Post a Comment

Note: Only a member of this blog may post a comment.

English Tests, Exams and Deadlines

Find us here

CBBC Newsround | Home