Thursday, February 18, 2016

Becas de inmersión lingüística «Vigo en inglés 2016» (programa Pilivigo)




O aloxamento

Os participantes residen, en réxime de pensión completa durante toda a súa estancia, con familias nativas escolmadas para a súa participación no programa.

As actividades

Despóis do xantar, realízanse diversas actividades, entre elas unha visita cultural a algún sitio de interese. Na fin de semana faise unha excursión dun día enteiro.

Atención 24 horas

Os estudiantes e as súas familias dispoñen dun centro de atención telefónica 24 horas para resolver calquer cuestión que lles puidese xurdir.

Clases de reforzo

Durante a participación no programa, os rapaces reciben clases de reforzo e perfeccionamento de lingua inglesa.

Requisitos

Os adxudicatarios da presente convocatoria serán os alumnos e alumnas, españois ou estranxeiros con tarxeta de residencia ou de estancia por estudos en vigor, de centros educativos do Concello de Vigo sostidos con fondos públicos que cumpran os requisitos que a continuación se sinalan:
  1. Estar a cursar 3.º da ESO nun centro educativo sostido con fondos públicos do Concello de Vigo durante o curso académico 2015/2016
  2. Ter aprobadas todas as materias de 2.º de ESO.
  3. Ter obtido como mínimo unha nota de 7 na materia de Lingua inglesa nas cualificacións finais de 2.º de ESO.
  4. Estar empadroado no Concello de Vigo, con vixencia mínima dende o 01/01/2016 , dato que será comprobado de oficio pola propia administración.
  5. Non ter concedida, no ano 2016, outra axuda coa mesma finalidade.
  6. Ter DNI/NIE, permiso de residencia ou pasaporte en vigor cunha vixencia mínima de 6 meses.
Deberán solicitar as prazas os representantes legais (pai e nai ou titor/a legal) dos alumnos e alumnas.

Documentación

  1. Solicitude da praza debidamente cuberta e asinada polos solicitantes, segundo modelo que figura noAnexo I.
  2. Fotocopia simple do DNI/NIE ou pasaporte en vigor do/a alumno/a solicitante (mínimo por 6 meses). No caso de alumnado estranxeiro, deberán presentar fotocopia simple da tarxeta de residencia ou de estancia por estudos e o pasaporte en vigor (mínimo por 6 meses).
  3. Fotocopia simple do DNI/NIE dos solicitantes (pai e nai ou titor legal) que asinan a solicitude de participación do Anexo I.
  4. Certificación académica orixinal e Anexo II, emitida polo centro educativo na que deberá figurar que o alumno/a está matriculado en 3º de ESO nun centro sostido con fondos públicos do Concello de Vigo no curso 2015/2016 e as cualificacións finais que deberá ter aprobadas todas as áreas ou materias cursadas en 2º de ESO;con mención específica da nota na materia de Lingua inglesa nas cualificacións finais de 2.º de ESO, que deberá ser como mínimo dun 7.
  5. Xustificación de ingresos: Aquelas familias que non autoricen ao Concello de Vigo á solicitude de información fiscal á Axencia Tributaria, deberán presentar Fotocopia da última declaración da renda de todos os membros da unidade familiar ou certificado de estar exento/a emitido pola Axencia Tributaria.
  6. Autorización asinada polo pai, nai ou titor legal, segundo o modelo que figura no Anexo III.
  7. Fotocopia simple do libro de familia na que figuren todos os membros da unidade familiar ou documentación acreditativa da titoría legal e, de ser o caso, acreditar documentalmente outras circunstancias familiares considerando como tales: familia numerosa, pai/nai solteiro/a, divorcio ou separación, viúvo/a.
  8. Certificado de discapacidade, de ser o caso.
  9. Declaración de non ter concedida, no ano 2016, outra axuda coa mesma finalidade, segundo o modelo que figura no Anexo IV.
  10. No caso de que o participante precise de atencións médicas especiais (por mor de alerxias, discapacidades, intolerancias, etc.), deberá presentar un certificado médico orixinal que así o acredite. .
Non serán tidos en conta nin valorados os requisitos alegados e non xustificados documental e correctamente tal como se indica, nin os que se aleguen fóra do prazo establecido para esta convocatoria nin os que conteñan emendas.
Pódense descargar as BASES DA CONVOCATORIA aqui.
En caso de ser notificado da adxudicación da praza definitiva, deberá presentarse, no prazo de 5 días hábiles, o Anexo V.

Cómo participar

Unha vez obtido o modelo de solicitude e demais formularios na oficina do programa VIGO EN INGLÉS ou na páxina web www.vigoeningles.org, deberán presentarse ditos formularios debidamente cubertos, xunto con toda a documentación requerida, no Rexistro Xeral do Concello de Vigo (Praza do Rei s/n).
O prazo de presentación das solicitudes será do 15 de febreiro ao 26 de febreiro de 2016, ambos inclusive.

Bases convocatoria

Anexos

No copyright infringement intended. For educational, non-commercial purposes only.

Tuesday, February 9, 2016

A Chemical Romance, by Brian Bilston


 

No copyright infringement intended. For educational, non-commercial purposes only.

2016 Carnival, Lent, Shrove Tuesday (Pancake Day) & Ash Wednesday

Carnival

Carnival is a festive season which occurs immediately before Lent; the main events are usually during February. Carnival typically involves a public celebration or parade combining some elements of a circus, masque and public street party. People often dress up or masquerade during the celebrations, which mark an overturning of daily life.

English Tests, Exams and Deadlines

Find us here

CBBC Newsround | Home