A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca 3.077 prazas para realizar actividades de inmersión lingüística no ano 2010.
Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia dos cursos que aparecen nesta táboa e que non fora beneficiario desta axuda no verán de 2008 ou no verán de 2009.
Os nenos e nenas de 6º de primaria seleccionados participarían nun campamento de inglés en Galicia cunha duración de dúas semanas. Os solicitantes teñen que ter superadas todas as materias no curso 2008-2009 e unha nota mínima de 6 en inglés.Acceso á Orde de convocatoria (DOG do 11 de febreiro de 2010)
Acceso ao cartel informativo
Solicitar a beca
Ver estado da solicitude
Axuda
Curso | N prazas | Distribución de prazas e duración | Réxime aloxamento | Custo total ata | Aportación familia | |
2º BACH | 200 | 150 | Inglés en Canadá -tres semanas- | Familia | 2.250 € | 310 € |
50 | Francés en Canadá -tres semanas- | Familia | 2.250 € | 310 € | ||
1º BACH. | 220 | 150 | Inglés en Canadá -tres semanas- | Familia | 2.250 € | 310 € |
50 | Francés en Canadá -tres semanas- | Familia | 2.250 € | 310 € | ||
20 | Integración en centros Canadá (inglés) 4 semanas | Familia | 2.850 € | 350 € | ||
4º ESO | 582 | 350 | Inglés Reino Unido -tres semanas- | Familia | 1.890 € | 175 € |
20 | Integración en centros de Irlanda 3 semanas | Familia | 1.850 € | 175 € | ||
100 | Inglés Irlanda -tres semanas- | Familia | 1.800 € | 175 € | ||
100 | Francés Francia -tres semanas- | Residencia | 1.860 € | 175 € | ||
12 | Alemán en Alemaña -tres semanas- | Familia | 1.850 € | 175 € | ||
3º ESO | 550 | 350 | Inglés Reino Unido -tres semanas- | Familia | 1.890 € | 175 € |
100 | Inglés Irlanda -tres semanas- | Familia | 1.800 € | 175 € | ||
100 | Francés Francia -tres semanas- | Residencia | 1.860 € | 175 € | ||
2º ESO | 300 | 200 | "Pueblo Inglés" -unha semana- (en territorio español) | Residencia | 1.400 € | 150 € |
100 | Francés Francia -dúas semanas- | Residencia | 1.400 € | 150 € | ||
1º ESO | 395 | 395 | Inglés outras Comunidades Autónomas -dúas semanas- | Residencia ou Campamento | 1.000 € | 120 € |
6º E.P. | 830 | 830 | Inglés na Comunidade Autónoma de Galicia -dúas semanas- | Residencia ou Campamento | 500 € | 60 € |
CONSULTAS
Enderezo electrónico: inmersionestranxeiro@edu.xunta.es
Atención telefónica: 981 95 75 37 - 981 95 72 96 - 981 54 65 03
Consulta periodicamente a información en http://www.edu.xunta.es/axudasle