Tuesday, April 24, 2012

Becas de inmersión lingüística "Vigo en inglés"

 

O Concello de Vigo vén de convocar as bolsas de inmersión en lingua inglesa "Vigo en inglés" para estudantes de 3º ESO na súa edición correspondente ó ano 2012. Podedes atopar toda a información que precisades no sitio www.vigoeningles.org ou no Servizo de Educación da Concellería de Educación do Concello de Vigo, programa VIGO EN INGLÉS, Praza do Rei s/n, Planta 11ª - 36202 Vigo, tel. 986 810 181, fax 986 221 726, e-mail vigoengingles@vigo.org.

A documentación requerida deberás presentala no Rexistro Xeral do Concello de Vigo do 23 de abril ó 11 de maio, ambos inclusive.

A integración en centros escolares
O programa vai dirixido a estudantes de 3º da ESO. Desenvólvese no mes de setembro e consiste nunha estadía de 3 semanas nun país de fala inglesa. Durante este tempo, os rapaces asisten a un centro escolar, coma calquer outro estudiante local

O aloxamento
Os participantes residen, en réxime de pensión completa durante toda a súa estancia, con familias nativas escolmadas para a súa participación no programa.

As actividades
Despóis do xantar, realízanse diversas actividades, entre elas unha visita cultural a algún sitio de interese. Na fin de semana faise unha excursión dun día enteiro.

Atención 24 horas
Os estudiantes e as súas familias dispoñen dun centro de atención telefónica 24 horas para resolver calquer cuestión que lles puidese xurdir.

Clases de reforzo
Dous días á semana, durante 2.30 horas, os rapaces reciben clases de reforzo da lingua inglesa

Requisitos
Os adxudicatarios da presente convocatoria serán os alumnos e alumnas, españois ou estranxeiros con tarxeta de residencia ou de estancia por estudos en vigor, de centros educativos sostidos con fondos públicos do Concello de Vigo que cumpran os requisitos que a continuación se sinalan:
  1. Estar a cursar 3.º da ESO nun centro educativo sostido con fondos públicos do Concello de Vigo durante o curso académico 2011/2012.
  2. Ter aprobadas todas as materias de 2.º de ESO no curso 2010/2011.
  3. Ter obtido como mínimo unha nota de 6 na materia de Lingua inglesa nas cualificacións finais de 2.º de ESO.
  4. Estar empadroado no Concello de Vigo, con vixencia mínima dende o 01/01/2012, dato que será comprobado de oficio pola propia administración.
  5. Non ter sido beneficiario/a do programa VIGO EN INGLÉS na anterior edición 2011, dato que será comprobado de oficio pola propia administración.
  6. Non ter concedida, no ano 2012, outra axuda coa mesma finalidade.
  7. Ter DNI/NIE, permiso de residencia ou pasaporte en vigor cunha vixencia mínima de 6 meses.
Deberán solicitar as prazas os representantes legais (pai e nai ou titor/a legal) dos alumnos e alumnas.

Documentación

  1. Solicitude da praza debidamente cuberta e asinada polos solicitantes, segundo modelo que figura noAnexo I.
  2. Fotocopia simple do DNI/NIE ou pasaporte en vigor do/a alumno/a solicitante (mínimo por 6 meses). No caso de alumnado estranxeiro, deberán presentar fotocopia simple da tarxeta de residencia ou de estancia por estudos e o pasaporte en vigor (mínimo por 6 meses).
  3. Fotocopia simple do DNI/NIE dos solicitantes (pai e nai ou titor legal) que asinan a solicitude de participación do Anexo I.
  4. Certificación académica orixinal, segundo modelo que figura no Anexo II, emitida polo centro educativo na que deberá figurar que o alumno/a está matriculado en 3º de ESO nun centro sostido con fondos públicos do Concello de Vigo no curso 2011/2012, e con mención específica da nota na materia de Lingua inglesa nas cualificacións finais de 2.º de ESO, que deberá ser como mínimo dun 6, e de ter aprobadas todas as materias de 2.º de ESO.
  5. Xustificación de ingresos: Aquelas familias que non autoricen ao Concello de Vigo á solicitude de información fiscal á Axencia Tributaria, deberán presentar Fotocopia da última declaración da renda de todos os membros da unidade familiar ou certificado de estar exento/a emitido pola Axencia Tributaria.
  6. Autorización asinada polo pai, nai ou titor legal, segundo o modelo que figura no Anexo III.
  7. Fotocopia simple y completa do libro de familia ou documentación acreditativa da titoría legal e, de ser o caso, acreditar outras circunstancias familiares especiais co achegamento da fotocopia simple do título de familia numerosa en vigor.
  8. Declaración de non ter concedida, no ano 2012, outra axuda coa mesma finalidade, segundo o modelo que figura no Anexo IV.
  9. No caso de que o participante precise de atencións médicas especiais (por mor de alerxias, discapacidades, intolerancias, etc.), deberá presentar un certificado médico orixinal que así o acredite.
Non serán tidos en conta nin valorados os requisitos alegados e non xustificados documental e correctamente tal como se indica, nin os que se aleguen fóra do prazo establecido para esta convocatoria nin os que conteñan emendas.
Pódense descargar as Bases da Convocatoria aqui.
En caso de ser notificado da adxudicación da praza, deberá presentarse, no prazo de 5 días hábiles, o Anexo V.

No comments:

Post a Comment

Note: Only a member of this blog may post a comment.

English Tests, Exams and Deadlines

Find us here

CBBC Newsround | Home