Sunday, March 1, 2020

Bolsas de inmersión lingüística 2020


Axudas para alumnado de ESO e BACH para formarse en linguas estranxeiras 2020


A Consellería de Educación publicou a Orde do ORDE do 10 de febreiro de 2020 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.

REQUISITOS: 

  • Estar cursando 1º, 2º, 3º e 4º da educación secundaria obrigatoria,1º ou 2º de bacharelato en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2019/20, na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2018/19.
  • Ter acadado no curso 2018/19 unha cualificación mínima de ben no 6º curso de educación primaria para o alumnado de 1º de educación secundaria obrigatoria, e de 6 para o de 2º, 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria e de bacharelato na materia de lingua inglesa.
  • Para as actividades de integración, estar matriculado/a, no curso 2019/20, nun centro da Rede de centros plurilingües.
  • Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.
  • Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario,  recollidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  • Estar en posesión do DNI, NIE ou pasaporte.

CONCEPTOS FINANCIADOS 
  • No caso das actividades que se realicen no estranxeiro, os gastos da viaxe desde o punto de saída dos distintos grupos.
  • Os monitores ou monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade.
  • Os gastos de docencia e o material escolar.
  • As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos.
  • Os gastos de mantenza e aloxamento.
  • O certificado de realización da actividade.
  • O seguro de accidentes e de responsabilidade civil.
  • As familias achegarán as cantidades que lles correspondan á empresa adxudicataria encargada da organización técnica da actividade (ver convocatoria no DOG).

DATAS: O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2020, coa excepción das actividades de integración, que se desenvolverán no inicio do curso 2020/21. As datas concretas de realización das actividades daranse a coñecer coa publicación das listaxes definitivas do alumnado seleccionado.
PRAZO E SOLICITUDE: Ata o 26 de marzo de 2020, incluído. A solicitude realízase en liña ou presencial. 


No copyright infringement intended. For educational, non-commercial purposes only.

No comments:

Post a Comment

Note: Only a member of this blog may post a comment.

English Tests, Exams and Deadlines

Find us here

CBBC Newsround | Home