AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2013
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca 705 prazas para realizar actividades de inmersión lingüística no ano 2013.
Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia dos cursos que aparecen na táboa inferior.
Requisitos:
Non ter concedida outra axuda para o mesmo fin neste curso nin estar incurso/a nalgunha prohibición para a subvención.
Nota mínima na área, módulo ou materia de lingua estranxeira de Ben ou 6.
Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2011/2012.
Ter DNI, NIE, pasaporte, visado ou tarxeta de residencia en vigor, segundo corresponda. Exento o alumnado menor de 14 anos.
Prazo aberto dende o 23 de marzo ata o 22 de abril (incluído)
NOTA INFORMATIVA DO 1 DE ABRIL
Comproba periódicamente o estado da túa solicitude (sección 3- Estado solicitude).
- "En trámite" quere dicir que aínda non se comprobóu a solicitude presentada en formato papel (rexistro oficial ou Correos) ou en https://www.sede.xunta.es.
- "Solicitude validada" quere dicir que xa se comprobóu a solicitude e esta é correcta.
- "Solicitude incorrecta" quere dicir que deberá presentar a documentación que se require, acompañando a mesma coa instancia que se atopa no seguinte enlace:
No caso de que, en estado de "solicitude incorrecta" se requira algún dos anexos, estes poderán imprimirse a través dos seguintes enlaces:
O prazo para presentación de documentación requirida non comezará ata a publicación das primeiras listaxes. A documentación requirida que chegue antes da publicación destas listaxes será comprobada aos efectos de validación das solicitudes.
NOTA INFORMATIVA DO 22 DE MARZO
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 705 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2013.
Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma Galega dos cursos que aparecen na táboa inferior.
- Lémbrase a necesidade de achegar, xunto coa documentación, de fotocopia de todas as páxinas cubertas do libro de familia ou, de non dispor deste, da documentación que xustifique o número total de membros da unidade familiar.
- No caso de remitir a solicitude vía Correo Postal (o Anexo I debe selarse e datarse por Correos), o enderezo de envío é:
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Edf. Administrativo de San Caetano s/n
15781 – Santiago de Compostela (A Coruña)
Prazo aberto dende o 23 de marzo ata o 22 de abril (incluído)
CONSULTAS
Web da convocatoria: http://www.edu.xunta.es/axudasle
Enderezo electrónico: axudasle@edu.xunta.es
Atención telefónica: 981957296 - 881997497 - 981957538 - 981546503
No copyright infringement intended. For educational, non-commercial purposes only.
No comments:
Post a Comment
Note: Only a member of this blog may post a comment.