Wednesday, April 10, 2013

No Surrender


Di o refraneiro popular que cando un cae sempre está obrigado a erguerse. En Vigo, cidade esixente por natureza, fixemos dese dito o noso particular lema. Noventa anos de historia nos que o sufrimento e as bágoas de angustia eran os nosos compañeiros de viaxe. Claro que de cando en vez adornados por un sorriso, pero o certo é que o noso sempre foi a loita contra todo tipo de tempestades para intentar obter, todo mes de xuño, unha permanencia, unha promoción ou, se as cousas non ían de todo mal, un lugar en Europa. Pero sempre loitando ata o final, sabendo que ninguén ía dar nada por nós e erguéndonos cada vez que tropezabamos. Así somos e así seremos sempre.


A oito partidos do final, a situación é límite. Non hai marxe de erro. Pero #NonNosRendemos. E vós, celtistas, tedes agora un papel fundamental. Vós sodes agora os protagonistas. O voso alento e o voso ánimo son necesarios e obrigados para un equipo que o luns afronta a súa primeira final a vida ou morte.

Polo tanto, e porque #NonNosRendemos, querémosvos convocar o próximo domingo a partir das 11 da mañá en Balaídos. Alí o Celta fará o último adestramento antes do choque ante o Mallorca.

A vosa presenza é fundamental para que o equipo note que non está só, que conta con todo o apoio.

#NonNosRendemos


No copyright infringement intended. For educational, non-commercial purposes only.

No comments:

Post a Comment

Note: Only a member of this blog may post a comment.

English Tests, Exams and Deadlines

Find us here

CBBC Newsround | Home